08.05.08: Primeiras fotos coa Nikon D40X
No monte do San Antón, a ver que vos parecen...



30.04.08: Actualización Viraventos

ÚLTIMOS AUDIOS ENGADIDOS: Programas 44 e 45
ÚLTIMOS CONTIDOS ENGADIDOS: Ata o programa 53 (29-04-2008)
Xa podedes escoitar o Viraventos en directo, a través de RadioFusión. O enlace dende a web de RadioFusión é "RadioFusión en directo".
Se preferides o método tradicional, aquí tedes unha lista de emisoras para sintonizalo:
Allariz (107.2 FM) / Arzúa (107.4 FM) / Eume (107.5 FM) / Fene (107.7 FM) / Foz (107.4 FM) / Negreira (107.0 FM) / Redondela (94.9 FM) / Tui (107.4 FM)
A lista completa de programas e contidos no seguinte enlace...
24.04.08: Emocións a escondidas

Onte foi a entrega de premios na Biblioteca Municipal de Montealto, e alí nos fixeron esta foto a Álvaro e a min, que non nos fai ningunha xustiza a ningún dos dous, todo hai que dicilo...
O importante é que xa teño a miña flamante Nikon D40X na casa, así que xa son un Nikonista e teño que poñerme ó día e aprender a manexar este bicho.
Álvaro levou o Mario Kart para a Wii, porque o rapaz merecía que tivesemos un detalle con el, e ben contento que quedou. Así poderase consolar cada vez que se vexa nas pantallas dos autobuses urbáns ou mesmo en grande nas súas carrocerías, porque polo visto van a poñer as tres fotos finalistas nos buses da cidade. Se o chega a saber igual non se prestaba a ser o meu modelo... ;)
Para rematar, só un apunte: as Bibliotecas Municipais deben de ser o que mellor funciona no Concello da Coruña, porque están moi ben equipadas e teñen moitísimas actividades. ¿Terá algo que ver que as xestione unha empresa privada?
11.03.08: Amósanos o que les
ACTUALIZADO: ¡Gañei! ¡Moitas grazas a todos polos vosos votos, conseguimos 1086! Ardo en desexos de meterlle man á reflex, ¡moitísimas grazas!
A segunda edición do concurso de fotografía das Bibliotecas Municipais da Coruña xa comezou, e este ano non deixei pasar a oportunidade de participar. Botade unha ollada ás fotos participantes, e votade pola miña, que penso que o merece, ¿non? ;)
Grazas por anticipado, se gaño a cámara xa vos sacarei unhas fotos, para que vexades que son xeneroso...

Grazas por anticipado, se gaño a cámara xa vos sacarei unhas fotos, para que vexades que son xeneroso...

Taller del Insomnio
Álbum "becaritos"
23.02.08: Diseño de camiseta: Baila el chiki-chiki

22.02.08: Pampling: de la pantalla al pecho


10.02.08: Entroido 2008

Xa pasou o entroido e, mentres nos recuperamos, déixovos un par de vídeos do Luns de Entroido pola tarde en Laza. Si, eso dos peliqueiros e as formigas... ;)
Máis fotos no Álbum Web.
07.01.08: Máis entrevistas para o documentario

O venres pasado erguémonos cedo e tiramos para Valadares, un pobo pegado a Vigo, para facerlle unha entrevista ó director da Asociación Cultural de Valadares. Nesta asociación levan anos facendo un certame de regueifas con moito éxito, así que non podiamos deixar de entrevistalo. Moi amable e servicial (ata nos fixo un plano de 4 folios para indicarnos como chegar a unha rúa de Vigo de forma directa), a súa foi unha entrevista moi didáctica que pode aportar moito ó documentario.